contacta
Marie Caridade
Valcourt
imagen-perfil
Entre 2004-2008 estudou traballo social na Facultade de Humanidades da Universidade estatal de Haití na que obtivo a súa licenciatura. Especializouse en traballo social comunitario (organización de labregas). Dende 2008 traballa con labregas en 9 dos 10 departamentos do país. Fixo estudos para organizacións sobre o xénero nos proxectos de desenvolvemento e dinamizou sesións de formación sobre dereitos das mulleres, a participación das labregas na política local, a violencia contra as mulleres e as micro-empresas solidarias.

Despois de rematar traballo social fixo un mestrado en Xestión estratéxica e operativa da Université 2IE de Burkina Faso para o AUF e un CAS sobre Xénero de Desenvolvemento no HEID de Xinebra.

Marie Caridade colaborou con moitas organizacións de mulleres en reflexións sobre as situacións de vidas do medio rural. Traballou sobre todo no campo da saúde das mulleres, a implicación das mulleres na política e violencia de xénero.
Marie Caridade Valcourt é unha activista feminista haitiana nacida o 27 de decembro de 1983 en Camp-Perrin (Departamento do Sur).
Volver a traductoras